Martes 14 de novembro

Hora: 18.00 h

Lugar: Salón de Convencions do Edificio CINC (Cidade da Cultura de Galicia)

Entrada de balde previa inscripción en cem@cidadedacultura.org

Más información aquí.

A Cidade da Cultura de Galicia celebra a entrega dos V Premios Emprende Gaiás – Sixto Seco, nun acto no que os e as participantes que enviaron o seu proxecto cultural innovador coñecerán ‘in situ’ se os seus traballos resultaron galardoados.

Un acto de entrega que virá precedido pola conferencia ‘No vale renderse’ de Emilio Duró, coñecido asesor, consultor e formador nas primeiras empresas do país.

Tras a conferencia, coñeceranse os gañadores das tres modalidades establecidas:

  • Aplicacións informáticas ou proxectos culturais en internet
  • Proxectos na área do deseño, creación artística e plástica
  • Iniciativas innovadoras na área da xestión cultural

45c88242-75b3-47fa-b912-bd3816756ad1