• O espazo do showman galego Roberto Vilar arrasa cada xoves en audiencia
  • O humorista confesa que “levamos anos detrás” do fundador de Inditex

O pasado xoves, pola volta de “Land Rober”, o show televisivo do humorista galego Roberto Vilar na Televisión de Galicia (TVG) acadou unha extraordinaria cota do 27,4%. E iso que un dos seus protagonistas, o actor galego Luis Tosar, compartía pantalla en “El Hormiguero” de Pablo Motos (Antena 3). Pero a Roberto Vilar non hai que lle tusa en Galicia.

O primeiro programa da tempada seguiu o éxito co que rematara antes do verán, cando Vilar entrevistou ao cantante de pai galego, Julio Iglesias. Entón “Land Rober” acadou o seu récord histórico cun 33,8%. Pero quen se lle resiste dende hai anos é o fundador de Inditex, Amancio Ortega, segundo a confesión do propio Roberto Vilar en El Correo Gallego.

De feito, para promocionar o novo curso, “Land Rober” difundiu unha serie de catro vídeos nos que Roberto Vilar semella falar cun dous empresarios máis ricos do mundo, un home que nunca concedeu unha entrevista, e nos que o showman galego trata de explicarlle que non pode participar no programa. O serial titúlase “Amancio Ortega quere vir a Land Rober”.