A Mesa pola Normalización Lingüística pídelle á Xunta que Daenerys fale galego

  • A campaña #QueremosgalegonaTV reclama a lexendaxe e a dobraxe ao galego das series e filmes que ofertan as principais plataformas dixitais
  • Participan tamén a Asociación de profesionais da rama artística da dobraxe de Galicia, a Asociación Galega de Profesionais da Tradución e interpretación e mais a iniciativa Instagram en galego

A campaña que asinan A Mesa pola Normalización Lingüística, a Asociación de profesionais da rama artística da dobraxe de Galicia (APRADOGA), a Asociación Galega de Profesionais da Tradución e interpretación (AGPTI) e mais a iniciativa Instagram en galego, pídelle á Xunta de Galicia que facilite a lexendaxe e a dobraxe en galego dos filmes e series que ofertan as principais plataformas de contidos audiovisuais dixitais e recorda que Movistar+ ofrece desde 2015 a posibilidade de lexendaxe e de dobraxe en eúscaro e catalán.

O custo que ten para os gobernos vasco e catalán que as series e filmes que emite Movistar+ teñan lexendado e dobraxe nas súas linguas é de 61.555,37 € ao ano, declaran, acordo a 3 anos por un total 184.666,13€. Após un ano de exclusividade de emisión, os contidos poden ser xestionados directamente polos gobernos catalán e vasco, así como liberados para o seu uso en todas as plataformas.

A campaña, que anuncia accións na rúa para as próximas datas, reclámalle á Xunta de Galicia que se sume ao acordo con Movistar+ para o lexendado e a dobraxe dos filmes e series, que estableza acordos coas principais plataformas dixitais para a incorporación de lexendado en galego e da dobraxe dos filmes e series dos que xa dispón a CRTVG, e que fixe unha dotación orzamentaria que permita cumprir eficazmente co estabelecido no artigo 20.1 da LNL.

 

Quizá te interese:

Ofertas de Empleo

Ofertas de Empleo

Actualización diaria de ofertas de empleo, becas, concursos, premios.

En Portada

Síguenos en Twitter

Quiénes Somos
bloque-newsletter

Suscríbete a nuestra Newsletter

Recibe en tu correo electrónico las noticias destacadas

Menú