• Dous profesionáis recoñecidos pola súa traxectoria na Televisión de Galicia, María Solar e Carlos García-Verdugo, presentarán na radio programas sobre literatura e novas tecnoloxías.
  •  Os dous grandes magazines diarios ‘Galicia por Diante’ e ‘A Tarde’ mudan o seu formato

A Radio Galega encara a nova tempada con novas voces “importadas” dal TVG para conducir dúas novas iniciativas radiofónicas. A xornalista María Solar volve á radio para dirixir e presentar ‘Chamando á Terra’, que se emitirá os sábados de 15.00 a 16.00 h. Trátase dun espazo sobre o mundo literario en galego, desde a produción ata a tradución, con novidades editoriais, entrevistas, faladoiros e con atención a todos os xéneros e todos os públicos. Outra cara moi coñecida da TVG, Carlos García-Verdugo, estará tamén na Radio Galega ao frente do espazo ‘Lambóns Dixitais’, un programa especializado en novas tecnoloxías, que se emitirá os sábados de 12.00 a 13.00 h.
Por outra banda, a emisora pública retoma a actualidade informativa da man de Kiko Novoa, que continúa á fronte do ‘Galicia por Diante’ (06.00 h.). Eso sí, cun formato renovado, que renova con novos espazos de análise e entrevistas e coa incorporación da figura do “animador”, que porá a nota de humor, colaborará nas entrevistas e terá seccións propias. Carlos Jiménez, procedente do programa deportivo ‘Galicia en Goles’, encarnará esta nova personaxe radiofónica.

Ademáis, o magazine de actualidade e entretemento ‘A Tarde’, presentado unha temporada máis por Cristina García, tamén terá novo formato, pois amplía a súa duración nunha hora e pasará a emitirse de 16.00 a 20.00 h. A primeira parte do programa será informativa e con especial atención a un tema de actualidade cada día. A segunda parte terá un formato máis próximo ao magazine, con entrevistas, reportaxes e faladoiros sociais e culturais, e a última, como antesala de ‘A Crónica’, retomará o ton informativo.
A incorporación de programas dedicados ao agro, á pesca, á literatura, ás novas tecnoloxías, ao humor, ao deporte e ás experiencias das persoas emigradas completan a ofreta de outon da Radio Galego, que tambén incorpora unha decidida aposta pola programación musical e cun pulo á información local.