• Acadou unha cota de pantalla media do 10,7% e mantivo a súa primeira posición por terceira vez desde decembro
  • Ademais, no horario de prime time obtivo a segunda posición en Galicia cun share do 11,4% e so por detrás de Telecinco

A TVG foi a televisión autonómica máis vista durante o mes de marzo, cun 10,7% de cota de pantalla media, mantendo esta posición por terceira vez desde decembro pasado. As seguintes canles en audiencia foron a catalá (10,3), a andaluza (9,4) e a aragonesa (8,7).

En Galicia a canle pública galega estivo so por detrás de Telecinco na faixa horaria do prime time, cunha cota do 11,3%, e mantén esa posición por cuarto mes consecutivo. Ao 10,7% do total día hai que sumar os datos da tvG2, xa que a segunda canle achega outros 0,6 puntos correspondentes á súa audiencia media no total día de marzo.

Os programas de entretemento máis vistos do mes de marzo foron a serie “Serramoura”, os domingos, e “Land Rober Tunai Show” os xoves pola noite. Os dous programas con maior cota de pantalla en Galicia foron os informativos da TVG Galicia Noticias Mediodía, cun 28,5%, e Telexornal Mediodía cun 23%, mentres que no prime time “Luar” foi a segunda opción máis preferida polos galegos, cun 14%.