• A canle pública galega acadou un 10,4% de cota de pantalla en xullo, por diante das demáis autonómicas
  • Telecinco foi a canle máis vista en Galicia, e tamén no conxunto do Estado cun 13,8% de cota

A Televisión de Galicia continúa un mes máis a ser líder de audiencia entre as canles autonómicas, acadando un 10,4% de cota de pantalla. Séguelle TV3, co 10,1%; Canal Sur, co 9,1%; Aragón TV, co 7,7%; e ETB2, co 7,2%. A cota media da galega no que vai de ano é do 10,5%.

Na faixa informativa do mediodía, a Televisión de Galicia mantense como líder cunha cota do 19,7%, aumentando a un 20,9% de luns a venres. Os programas informativos que máis medraron no mes foron o “Bos Días” cun incremento de 4,2 puntos, “Telexornal Serán Fin de Semana” que sumou 2,3 puntos, “A Revista Fin de Semana” cun aumento dun punto, e “Telexornal Noite” e “Galicia Noticias” que medraron oito décimas cada un.

No ranking dos 25 programas máis vistos en Galicia, a TVG acada a primeira posición con 15 emisións e conta con 9 dos programas máis vistos polo público de entre 25 e 44 anos, entre os que se atopan os catro con máis audiencia.