• A compañía eléctrica 100% galega emprega o bus urbano como soporte publicitario
  • O 15 de xuño rematou a inscrición do sorteo para acadar “1 ano de luz gratis”

Xenera é unha compañía con máis de 120 anos de historia. A firma difunde catro grandes valores: é unha eléctrica 100% galega, xera emprego na comunidade, paga os seus impostos en Galicia e emprega o idioma galego. O seu produto estrela é a tarifa “A Vaquiña”: por 3€/mes de xestión, o usuario obtén a enerxía que precisa a prezo de custe. Como dí o dito, “a vaquiña polo que vale”.

A compañía xa alumea a máis de 20.000 clientes e segue coa súa campaña de captación nos máis diversos soportes publicitarios, entre eles o bus urbano. En redes sociais compaxina sorteos, como agasallar cun ano de luz gratis, con consellos de aforro enerxético. Velaquí un exemplo:

“Cos nosos consellos de #aforroenerxético, o único que picará no teu fogar o vindeiro mes, son os pementos”.

xuño