• A imaxe da campaña da maior carreira popular coruñesa é obra da axencia Tony Le Brand
  • O lema destaca os beneficios psicolóxicos do “running” para combater o estrés cotiá

A capital herculina prepárase para a XI edición de Coruña10, a carreira popular de maior traxectoria das organizadas polo Concello da Coruña e que se celebrará o domingo 8 de outubro. Haberá máis de tres mil participantes que percorrerán, desde as 10.00 horas da mañá, 10.000 metros a través do Paseo Marítimo da enseada do Orzán, entre as rotondas do Millennium e Torre de Hércules. A meta, de novo, situarase fronte ao Pazo dos Deportes de Riazor.

A imaxe da campaña é obra da axencia Tony Lebrand, baixo o lema “A vida cansa, correr descansa”, na que se destaca a capacidade do deporte, concretamente do “running”, para combater o estrés cotiá e mellorar a condición no só física, senón tamén psicolóxica, dos seus practicantes.