• O clube coruñés, que milita na LEB ouro, activa a súa campaña de abonados
  • A axencia Tony Le Brand é a creadora da campaña co lema “Abónate á tolemia!”

Quizais haxa que estar un pouco tolo ou animarse a tolear por un equipo, o Leyma Básquet Coruña, que simboliza a paixón polo baloncesto na capital herculina, unha cidade orfa de equipos na máxima categoría dun marabilloso e espectacular deporte.

Baixo o paraugas da láctea Leyma, que en tempos chegara a patrocinar ao principal club da cidade, o Deportivo da Coruña de fútbol, o Básquet Coruña lanza a seguinte pregunta: “Que sería da vida sen un mínimo de tolemia?”.

O afeccionado, co seu sentimento, é a base de calquera empresa deportiva e o Leyma Básquet Coruña ofrécelles un proxecto polo que apaixonarse e tolear. A paixón e a tolemia comezan pola campaña de abonados creada pola axencia Tony Le Brand.

abonados