• Felipe Lage Coro, de Zeitun Films, será o novo presidente da Asociación e X.Lois Ledo de Nós Produtora Cinematográfica Galega exercerá como vicepresidente
  • O novo equipo asume o cargo con ilusión e compromiso de traballo a prol do audiovisual galego e fai un chamamento a todas as produtoras independentes a unirse

Agapi, a Asociación Galega de Produtoras Independentes, acorda por unanimidade renovar a súa Xunta Directiva por un período de dous anos, tal e como establecen os Estatutos.

Felipe Lage Coro, de Zeitun Films, será o novo presidente da Asociación neste período, ao que acompañará como vicepresidente, X.Lois Ledo de Nós Produtora Cinematográfica Galega. O cargo de secretaria seguirá en mans de Luisa Romeo de Frida Films e a tesourería pasa a incorporar a Andrea Vázquez de Miramemira. Continúan como vogais Ignacio Vilar de Vía Láctea Filmes, J.Antonio Velo de Ástrágalo Studio e Manolo López de Tex45. Incorpóranse ao equipo Dolores Ben de Cinemar Films e Daniel Froiz de Matriuska.

A nova Xunta Directiva da asociación empresarial precursora do sector audiovisual galego asume o cargo con ilusión e compromiso de traballo a prol do audiovisual galego como se leva facendo desde a constitución de Agapi no ano 1994 e fai un chamamento a todas as produtoras independentes a unirse a este proxecto común.

Composición da nova Xunta Directiva Agapi 2019 – 2021

Presidente: Felipe Lage Coro (Zeitun Films, A Coruña)

Vicepresidente: X.Lois Ledo (Nós Produtora Cinematográfica Galega, Santiago)

Secretaria: Luisa Romeo (Frida Films, Santiago)

Tesoureira: Andrea Vázquez (Miramemira, Santiago)

Vogais:

Ignacio Vilar (Vía Láctea Filmes, Vigo)

Manolo López Cernadas (Tex 45, Ordes)

J.Antonio Velo (Astrágalo Studio, Ourense)

Dolores Ben (Cinemar, Santiago)

Daniel Froiz (Matriuska, Pontevedra)