• O recoñecido xornalista remata unha etapa de catro anos en Deportes
  • Dimitira como editor e presentador de Informativos en abril de 2012

“Chamáronme para sumar nun momento de cambio profundo que vai ser decisivo e que oxalá o poidamos e o saibamos aproveitar”, confesa o xornalista nunha recente entrevista no xornal El Correo Gallego.

Segundo Hermida, a Corporación da Radio e Televisión de Galicia atravesa un dos momentos máis importantes desde a súa fundación co proceso de dixitalización que se está a poñer en marcha. “Debemos seguir reivindicándonos como o gran medio de comunicación de Galicia, afondar nos acertos e rectificar os pasos equivocados”, precisa o xornalista.

Alfonso Hermida afirma que a honestidade, o rigor, a utilidade e o compromiso coa sociedade constitúen os  grandes valores da canle pública.