"As mulleres que opinan son perigosas" acolle a presentación de Xornalistas Galegas

  • A loita pola igualdade farase coa creación dunha “axenda de expertas”, dun “observatorio mediático” e dun “comité de supervisión dos medios de comunicación”
  • Repítese o éxito no segundo Encontro de Mulleres columnistas, con máis de dous millóns de impactos e máis dun millón de interaccións nas redes sociais

Máis de dous millóns de impactos e máis dun millón de interaccións nas redes sociais segundo as cifras publicadas por Pontevedraviva.com. O éxito de ‘As mulleres que opinan son perigosas’ repetiuse no segundo Encontro de Mulleres columnistas que tivo lugar no Teatro Principal de Pontevedra, convertíndose nun espazo de referencia indiscutible para o feminismo.

O foro acolleu a presentación do Colectivo de Xornalistas Galegas, unha asociación que xurdiu o ano pasado como resultado da folga do 8 de marzo. O seu obxectivo é analizar a información publicada polos medios sen ningunha perspectiva de xénero. Actualmente ten máis de 200 mulleres profesionais de xornalismo en toda Galicia, que traballarán en grupos para “loitar pola igualdade das mulleres dentro e fóra da profesión”.

Esta loita farase coa creación dunha “axenda de expertas”, para que as xornalistas poidan contar con outras mulleres de todas as áreas como testemuños na súa información. Tamén crearase un “observatorio mediático” co obxectivo de analizar os medios e a presenza das mulleres neles e as súas condicións de traballo. Do mesmo xeito, as xornalistas aspiran a configurar un “comité de supervisión dos medios de comunicación”, que consistirá en ter unha persoa de referencia en cada un deles para que no caso de que a información publíquese sen unha perspectiva de xénero sexa rectificada.

A xornada abríase coa organizadoras Diana López e Susana Pedreira, acompañadas por Inma López Silva para falar da evolución social que se detecta un ano máis tarde do movemento do 8-M. A continuación, Irene Bascoy, xornalista do Faro de Vigo, analizaba a opinión na prensa galega e o papel das mulleres nesa sección.  A xornalista Lucía Mbomio ofreceu unha charla sobre as circunstancias ás que se enfrontan as mulleres negras nas informacións que protagonizan nos medios de comunicación. A xornalista da CRTVG, Tati Moyano, explicaban a situación que se atravesa na Televisión de Galicia coas protestas dos ‘Venres negros’ denunciando a manipulación informativa.  Tras a súa intervención, a presidenta da Deputación Carmela Silva manifestou que, do mesmo xeito que o persoal da CRTVG, os partidos políticos deben trasladar as protestas ao ente público. A mañá pechábase coa denuncia de Teresa Lozano e Zua Méndez, autoras do libro #HolaGuerrera e creadoras do vídeo que se converteu en viral #HolaPutero, que reclaman que as informacións sobre a prostitución cambien o enfoque e se centren nos homes.

As intervencións finalizaban durante a tarde con Marta Sanz, doutora en Filoloxía e escritora, ademais de opinadora no xornal El País. Sanz coincidiu en sinalar que non existen “micromachismos” senón “machismos”, que definiu como unha enfermidade cultural que atende a prácticas capitalistas extremas. A autora do libro ‘Monstruas e centauras’ mostrouse partidaria da utilización de fórmulas de linguaxe novas porque entende que a lingua é unha ferramenta para utilizala e na que se conquistan espazos. Tamén manifestou a súa preocupación ante as actitudes que están a manter ultimamente as forzas conservadoras do Estado en relación coas mulleres. O foro finalizaba con algunhas das principais organizadoras e relatoras desta xornada no escenario pousando para unha foto en conxunto e con Zua Méndez realizando un selfie, mentres de fondo soaba ‘E ti, só ti’, o himno da folga do próximo 8- M, interpretada por Sés.

As sesións poden verse nesta ligazón.

Quizá te interese:

Ofertas de Empleo

Ofertas de Empleo

Actualización diaria de ofertas de empleo, becas, concursos, premios.

En Portada

Síguenos en Twitter

Quiénes Somos
Tu agua, derecho humano básico. EMASESA.
bloque-newsletter

Suscríbete a nuestra Newsletter

Recibe en tu correo electrónico las noticias destacadas

Menú