• Máis de 40 profesionais participarán nas diversas actividades de música, creatividade, novas tecnoloxías e entrevistas que un ano máis farán de Ourense a capital da innovación durante o mes de maio
  • Este ano as actividades serán accesibles previa inscrición, sen custe de participación

 

 

Xa está aberto o prazo de inscrición para asistir ás actividades da Ourense ICCWeek2017 que se celebrará entre os próximos 2 e 7 de maio en diversos lugares da provincia. O evento, que reunirá a máis de 40 profesionais de diversos campos, xirará arredor da cultura, a tecnoloxía, o audiovisual, a creatividade, a música, a fotografía e as novas tendencias. Todas as ponencias son gratuítas, así que non deixes pasar a oportunidade!

 

ICCWEEK é moito máis que unha feira profesional. É un acontecemento transversal na cultura e industria creativa: Radio, Cine, Tv, Industria Musical, Novas Tendencias Tecnolóxicas, Apps, Video- xogos. Speedmeetings, relatorios, charlas, entrevistas, showcases, vertebrarán un programa repleto de actividades que poñerán en valor a actividade económica dun sector clave na Europa do século XXI.

 

Un punto de encontro para emprendedores e protagonistas creativos que encontarán na provincia de Ourense o marco perfecto para o co-working, a potenciación de negocios e apertura de novos mercados.