• Pretenden pór en valor a calidade do traballo de publicidade e marketing en Galicia
  • Están convocados polo Clúster da Comunicación Gráfica de Galicia

Coa idea de pór en valor a calidade do traballo que se fai en Galicia nos eidos da publicidade, do deseño, da edición, da impresión, do marketing e da comunicación nas empresas e institucións galegas, o Clúster da Comunicación Gráfica de Galicia ven de convocar a segunda edición dos Premios da Comunicación e do Marketing de Galicia, que conta co patrocinio de Avante Medios, entre outras empresas e institucións.
Os premios contemplan as seguintes categorías:

  • Creatividade
    Creatividade gráfica, creatividade audiovisual, creatividade no uso dos medios
  • Deseño
    Mellor deseño gráfico, mellor deseño industrial, mellor deseño dixital e interactivo
  • Industria Gráfica e Edición
    Mellor libro de arte, mellor catálogo publicitario, mellor álbum ou libro infantil
  • Comunicación
    Mellor estratexia de comunicación externa, mellor estratexia de comunicación interna, mellor práctica na comunicación da RSE
  • Marketing
    Mellor estratexia/acción de branding, mellor acción relación/escoita ao cliente, mellor estratexia/acción de produto
  • Premio especial
    Idea integrada ou crossmedia

As inscripcións das candidaturas pode facerse dende a web http://premios.clustercomunicacion.gal/