campaña-paridade-xornalistas

2020, ano da paridade nos medios

  • O Colexio de Xornalistas de Galicia deseña a campaña #2020FiftyFifty que reivindica o papel do humor gráfico como arma contra o machismo
  • Con motivo do 8M a asociación encomenda aos medios de comunicación que o primeiro ano da nova década sexa o da paridade real 

A paridade é un indicativo da calidade democrática dos países e tamén o mellor retrato da sociedade real na que vivimos, por iso o Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia pon en marcha unha campaña divulgativa en defensa da participación equilibrada dos homes e das mulleres en todas as esferas da vida, tamén nos medios de comunicación. Neste 8 de Marzo, e baixo o lema #2020FiftyFifty, o colexio lémbralles aos medios de comunicación o obxectivo ineludible da paridade e conmínaos a aplicala tamén nas súas estruturas de dirección.

A mensaxe, clara e directa, vai dirixida os editores dos medios, os seus cadros de persoal e os seus produtos infomativos que deben asumir o novo sentido común da igualdade entre sexos para cumprir coa súa función como instrumentos para a cohesión social. A presenza das mulleres como protagonistas das noticias e fontes expertas é tan relevante como a revisión crítica dos estereotipos. Dende o colexio sinalan que é radicalmente impropio poñer o foco no corpo das mulleres, hipersexualizalas ou presentalas como vítimas ou suxeitos pasivos sen voz e instan a rematar coas diferenzas salariais e contractuais que manteñen as xornalistas nunha posición laboral máis feble e precarizada que os seus compañeiros.

O Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia conta neste 2020 coa especial visión dos humoristas gráficos e as colaboracións de Iria Fafián, Sesé Mosquera, Luís Davila ‘O Bichero’, Ana Moreiras, Xosé Lois González ‘O Carrabouxo’, Kiko da Silva, Ruth Caramés e Xaquín Marín. As súas propostas creativas e os seus editoriais parten dunha posición de lucidez que hai que tomar sempre moi en serio. Esperan que os sorrisos que provoquen estas viñetas sexan un revulsivo para o cambio definitivo.

viñeta-anamoreiras

viñeta-iria-fafian

viñeta-luisdavila

viñeta-xaquinmarin

Quizá te interese:
Banner SOS

Ofertas de Empleo

Ofertas de Empleo

Actualización diaria de ofertas de empleo, becas, concursos, premios.

En Portada

Síguenos en Twitter

Quiénes Somos
bloque-newsletter

Suscríbete a nuestra Newsletter

Recibe en tu correo electrónico las noticias destacadas

Menú