asnosas-xornal

“As Nosas”, novo xornal deportivo feminino en galego

  • Darlle visibilidade a muller galega no deporte é o obxectivo que persegue este novo diario dixital
  • “As Nosas” busca aportar unha visión de xénero que fomente na sociedade valores de igualdade, sororidade, respecto, superación e competitividade sá

Mes de xaneiro mediáticamente moi productivo en Galicia. Despois do nacemento de Nós Diario, o primeiro xornal editado íntegramente en galego,  o 2020 déixanos unha nova publicación na nosa lingua “As Nosas”. Neste caso trátase dun xornal deportivo en soporte dixital editado en galego, no que as mulleres e os seus logros no deporte son os protagonistas.

Non se trata dun diario feito exclusivamente para mulleres, se non dunha publicación dirixida a toda a sociedade galega que, de seguro, busca consumir información deportiva máis aló do xénero de quen o practique. A súa liña editorial pretende dar unha visión de xénero que fomente valores de igualdade, sororidade, respecto, superación e competitividade sá.

Informar, visibilizar e emponderar son xa as labores fundamentais deste novo xornal que buscar ser o referente no deporte feminino na nosa comunidade. “As Nosas” lánzase en soporte dixital e con presenza activa nas redes sociais. A xornalista coruñesa Silvia Carregal é a directora deste novo medio de comunicación conformado por un equipo de tres redactores e que conta coa colaboración dos departamentos de deseño, fotografía, edición audiovisual e redacción de Ártabra Comunicación, editora do xornal.

Compartimos contigo o vídeo da presentación do Xornal, e de “TODAS ELAS”

Quizá te interese:

Ofertas de Empleo

Ofertas de Empleo

Actualización diaria de ofertas de empleo, becas, concursos, premios.

En Portada

Síguenos en Twitter

Quiénes Somos
bloque-newsletter

Suscríbete a nuestra Newsletter

Recibe en tu correo electrónico las noticias destacadas

Menú