compra do noso

“Compra do noso” e aposta polo produto galego

  • Nace unha nova marca da man do Clúster Comunicación de Galicia e desenvolvida por  Atelier, corre LOLA corre e Elemental Chefs
  • O obxectivo é combater os efectos da crise sanitaria confiando na industria, os servizos e o comercio local

Ao golpe humano que está a asestar a pandemia, hai que sumar o impacto económico. Un impacto que ameaza con levar por diante miles de postos de traballo, ademais da economía baseada nas pequenas e medianas empresas, que son as que sustentan ese emprego en Galicia. Para potenciar estes servizos, a industria autonómica e o comercio de proximidade, o Clúster Comunicación de Galicia coa colaboración de  Atelier, corre Lola, corre e Elemental Chefs, creou a marca “Compra do noso”. 

Co mesmo esforzo común que se veu traballando nos primeiros meses da crise sanitaria, quérese tecer un sentimento común na sociedade. O obxectivo é concienciar ao consumidor da importancia que ten o comercio de proximidade, manter viva a nosa industria e a empresa galega, sen os cales non sería posible o progreso da nosa terra. 

Baixo o lema “Compra do noso”, convídannos a camiñar xuntos baixo un mesmo paraugas que resgarde a todos por igual nestes tempos tan complicados. É a maneira de axudar ao que estivo ao pé do canón durante a pandemia e poñer en valor o talento e o produto galego para volver a un consumo “quilómetro cero”. 

Unha iniciativa que quere reforzar a idea do propio, do próximo, para facer comunidade e manterse unido ante o incerto futuro que anuncia a progresiva volta á normalidade. Un xesto que mira aos ollos dos que nos achegan cada día o seu gran de area para tratar de superar esta situación. “Compra do noso” polas nosas empresas e os nosos traballadores; polo noso futuro. 

Quizá te interese:

Ofertas de Empleo

Ofertas de Empleo

Actualización diaria de ofertas de empleo, becas, concursos, premios.

En Portada

Síguenos en Twitter

bloque-newsletter

Suscríbete a nuestra Newsletter

Recibe en tu correo electrónico las noticias destacadas de Galicia

Quiénes Somos

Menú