A estrea coincidiu cunha xornada a cargo de José Rodríguez, director de Marketing Dixital en Avante Medios
Rodríguez explicou as claves de como converter os leads en clientes

José Rodríguez, director de Marketing Dixital en Avante Medios, explicou as claves para converter os nosos leads en clientes, grazas á personalización de contidos na web, a automatización de tarefas e o lead scoring.

A xornada desenvolveuse na nova sede compostelá da Asociación Galega de Marketing, na marco dos chamados “Afterwork” que organiza Markea. Avante Medios é unha das axencias medios de referencia, tanto en Galicia como no resto do Estado, onde conta con 10 oficinas.

A xornada coincidiu coa estrea da nova sede de Markea grazas á colaboración do Clube Financeiro de Santiago.