• A gala celebrarase dentro dun mes, o vindeiro 10 de novembro, en Ourense
  • Conta co patrocinio de Avante Medios, que festexa o seu décimo aniversario

Os Premios da Comunicación e do Marketing de Galicia foron creados polo Clúster da Comunicación Gráfica de Galicia no ano 2016. Naceron coa idea de pór en valor a calidade e o traballo que se fai en Galicia co obxectivo de realzar a función da publicidade, do deseño, da edición, da impresión, do marketing e da comunicación nas empresas e institucións galegas. Son tamén un medio para aumentar a competitividade e a capacidade innovadora.

As categorías dos premios teñen que ver coa creatividade, o deseño, a industria gráfica e a edición, a comunicación, o marketing e o chamado Premio Especial. A gala correspondente a esta segunda edición celebrarase en Ourense dentro dun mes, o vindeiro 10 de novembro, co patronicio de Avante Medios Galicia, que celebra o seu décimo aniversario.