• O obxectivo do cambio de naming estratéxico, que perde a palaba gráfica e pasará a denominarse Clúster de Comunicación de Galicia, é atraer ao resto da cadea de comunicación
  • Xosé Luis Reza, Amalia Baltar, Jaime Conde, Jacobo Bermejo, Carlos del Pulgar, Mar Delgado, Emilio Arán, Carla Reyes, Alberto Garnil e David Silvosa renovan os seus votos

O noso Clúster, pioneiro en Galicia e en España, renova a súa Xunta Directiva. Xosé Luis Reza, Amalia Baltar, Jaime Conde, Jacobo Bermejo, Carlos del Pulgar, Mar Delgado, Emilio Arán, Carla Reyes, Alberto Garnil e David Silvosa revalidan os seus votos para empurrar durante dous anos máis esta realidade chamada, dende agora, Clúster de Comunicación de Galicia.

Esta noticia ven acompañada dun cambio de naming estratéxico xa que, a partires de agora, perde a palaba gráfica e pasará a denominarse Clúster de Comunicación de Galicia. O obxectivo, afirman, é atraer ao resto da cadea de comunicación. Seguir traballando nun modelo de Clúster que tenta verticalizar toda a cadea da comunicación en Galicia, un modelo que logra xuntar a todos os axentes implicados do noso sector.

“Un novo nome que non é casual” declara a este medio o presidente, Xosé Luis Reza. “Un novo nome que busca integrar, máis se cabe, a toda a comunidade da comunicación -impresión, edición, deseño, publicidade, marketing dixital, marketing, comunicación…- de Galicia e que abre as fronteiras a todos os que compartan esa nosa visión do sector. Ese é o reto que nos marcamos e para o que traballaremos sen descanso.”

Ábrese unha nova etapa na que a Xunta Directiva, con María del Carmen García Seijas como xerente, tratará de incrementar a base de socios actual e incorporar a novos axentes da comunicación. Grazas a unha nova denominación máis integradora, tentarán sumar especialidades como os medios, os eventos ou a impresión de gran formato. Todo esto como peche dun ciclo de dous anos coa vista posta en engadir valor e visibilización dos servizos de comunicación en Galicia; así que agora é máis necesario que nunca que empresas, empresarios e organizacións crean na comunicación.

“Pechamos unha etapa, pero aínda nos queda moito traballo que facer. Temos que consolidar o feito. Temos que manter o rumbo e o ritmo que levamos cara a independenza económica. E, por suposto, temos que atender as necesidades presentes e futuras de todos os que formades parte desta cadea -difusión, xeración de negocio, novos canles de venta, proxectos comúns…-. Pouco a pouco, pero sen pausa. E cun novo pulo!”, remata orgulloso Reza.