• A Concellería de Cultura do Excmo. Concello de Ourense, convocou un concurso para a confección do cartel anunciador das Festas de Ourense 2017
  • Entre o día 30 de maio e o 4 de xuño habilitarase unha ligazón dixital para votar um entre os 5 finalistas

O pasado 20 de maio remataba o concurso de carteis para as Festas de Ourense e, tras recibir un total de 16 propostas, o xurado seleccionou 5 dos traballos presentados.

Agora, estes carteis elexidos poderanse votar entre o  mércores 31 de maio e o domingo día 4 de xuño. O que teña máis votos resultará gañador, pasando a ser a imaxe das festas, e recibindo unha dotación de 1.000 euros para o autor ou autora do cartel.

O xurado valorou o conxunto de propostas presentadas tendo en conta a adecuación á temática, a orixinalidade e a calidade artística. De entre os traballos recibidos, os cinco seleccionados que se exporán ao público e de onde sairá o cartel gañador son: nº 3, “Ourense no corazón”. nº 4, “Dori”, nº 8, “Auga, pedra fogos e frores”, nº 13, “Ourense vístese de festa”, e nº 15, “Alegría”.

O enlace para as votacións é: www.ourensecultura.com/concursos