Os programas "TAC", "Coma un allo" e "ADN Galego", as apostas da TVG para o outono

  • “TAC” é unha serie, “Coma un allo”, un concurso, e “ADN” ten formato de documental de testimonios.
  • A parrilla complétase con novas tempadas de programas consolidados como “Land Rober” ou “Luar”.

Os programas “TAC”, “Coma un allo” e “ADN Galego” conforman as principáis apostas da Televisión de Galicia para a temporada de outono.
A serie “TAC” xorde a partir dos personaxes de “Urxencia Cero” e estará centrada nas intensas vidas persoais dos membros do equipo médico do Francisco Balmis e no misterio que rodea a morte dun dos empregados do hospital.
No programa “Coma un allo” os concursantes e os espectadores farán as súas contas e intentarán dar resposta a cada un dos desafíos que lles propoña a diario Bernardo Montaña, que disporá da axuda de dous sabios colaboradores, o científico e divulgador Jorge Mira e a escritora María Canosa.
“ADN Galego” é un novo formato para a TVG co que a audiencia viaxará por todo o territorio español e coñecerá as historias dos galegos que viven e traballan fóra da nosa terra. O programa buscará contar ademais a pegada histórica que deixaron estes nos seus lugares de acollida, así como a repercusión social que tiveron ao longo dos anos.
A oferta da Televisión de Galicia complétase con novas temporadas de programas consolidados na grella, como “Land Rober”, “Luar”, “Serramoura”, “Bamboleo”, “Casamos!” ou “Aquí Galicia”.

Ofertas de Empleo

Ofertas de Empleo

Actualización diaria de ofertas de empleo, becas, concursos, premios.

En Portada

Síguenos en Twitter

Quiénes Somos
bloque-newsletter

Suscríbete a nuestra Newsletter

Recibe en tu correo electrónico las noticias destacadas

Menú