• A iniciativa “Xurés Experiences” parte de 5 municipios da zona, Bande, Entrimo, Lobeira, Lobios e Muíños, para promover a súa riqueza natural
  • A Deputación de Ourense colabora con este programa que se desenvolve ao longo de sete meses con actividades deportivas en plena natureza

A iniciativa de deporte e natureza “Xurés Experiences 2017” agrupa unha serie de eventos deportivos que se desenvolven nos concellos da Baixa Limia coa colaboración da Deputación de Ourense para difundir as potencialidades e a riqueza turística, natural, histórica, termal e deportiva desta contorna da provincia de Ourense.

Esta iniciativa dos concellos para sumar esforzos achega unha visión única do territorio, unindo os grandes valores comúns da Baixa Limia, vencellando turismo, termalismo, natureza e deporte.

Se trata de catorce probas deportivas, que se desenvolverán durante sete meses nos concellos de Bande, Entrimo, Lobeira, Lobios e Muíños, dando unha imaxe única para a proxección da comarca da Baixa Limia.

Ao longo destes meses desenvolveranse andainas, probas de BTT, rutas cabalares, duatlón, trial e carreiras, e outras iniciativas que teñen como obxectivo promocionar conxuntamente a comarca e as súas potencialidades para que os visitantes coñezan en detalle os concellos da Baixa Limia.

 

programa

 

En 2018 está previsto dar un paso máis estendendo a “Xurés Experiences” á colaboración coas cámaras portuguesas, para atraer aínda máis público do norte de Portugal.