O obxecto do contrato é que a Fundación Cidade da Cultura dispoña dun servizo de cobertura e produción audiovisual coas seguintes finalidades:
– Difusión e promoción dos actos, eventos e actividades da Cidade da Cultura de Galicia.
– Produción de contidos audiovisuais para as campañas de comunicación institucional.
– Produción de contidos audiovisuais para enviar aos medios de comunicación.
– Rexistro audiovisual para arquivo da Cidade da Cultura.
Orzamento base de licitación: 51.425,00 con IVE.
Data e hora límite para a presentación de ofertas: 27/03/2019 ás 14:00 h.
Máis información aquí.