O procedemento de contratación ten por obxecto definir a estratexia de medios e soportes para desenvolver una campaña publicitaria a nivel autonómico para a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, de cara a sensibilizar á sociedade galega sobre a necesidade de protexer e xestionar a paisaxe de Galicia durante os anos 2019 e 2020.

O obxecto do contrato comprende a realización dunha estratexia e plan de medios, incluíndo a execución e xustificación cuantitativa e cualitativa.

Os servizos a contratar serán, nomeadamente:

– Desenvolvemento dunha estratexia, investiación e planifcación de medios publicitarios para a citada campaña publicitaria.
– Adquisición de espazos publicitarios en todos os medios/soportes que se determinen.
– Execución, xustfcación e avaliación da campaña de medios durante a vixencia do contrato.

O orzamento base de licitación, IVE incluido, ascende a 800.000 €

A presentación de ofertas finaliza o 24/01/2019 as 14.00h

Máis información e pregos no seguinte link.