Xornalistas Galegas recibe o premio Comunicar en Igualdade pola súa análise da presenza de mulleres na Opinión

  • “Un elefante rosa no medio das redaccións” analiza a Opinión nos principais xornais galegos e conclúe que hai sete artigos asinados por homes por cada muller que opina
  • Subscribe o estudo As Mulleres na Opinión, unha equipa de profesionais galegas do eido da comunicación coordinada polas xornalistas Cláudia Morán, Susana Rois e Ana González Liste

O grupo As Mulleres na Opinión, da asociación Xornalistas Galegas, vén de gañar o Premio Comunicar en Igualdade 2019 da Xunta de Galicia pola reportaxe “As mulleres na Opinión: un elefante rosa no medio das redaccións”, que analiza a Opinión nos principais xornais galegos.

Este galardón, outorgado pola Secretaría Xeral de Igualdade, destaca co primeiro premio a radiografía dos artigos de Opinión publicados nos sete xornais galegos con máis lectores segundo o Estudo Xeral de Medios, que derivou na reportaxe publicada o pasado 15 de setembro do 2019 no xornal dixital Praza Pública.

O traballo premiado avalía máis de 27.000 pezas publicadas ao longo do ano 2018 dentro do xénero da Opinión e reflicte que só un 15,5% destas levan unha sinatura feminina. Contabilizada toda a opinión do ano pasado en La Voz de Galicia, Faro de Vigo, El Progreso, La Región, El Correo Gallego, Diario de Pontevedra e La Opinión A Coruña o estudo conclúe que hai sete artigos asinados por homes por cada muller que opina.

O premio Comunicar en Igualdade 2019 ten como obxecto “recoñecer e recompensar traballos de tipo xornalístico que contribúan á defensa e difusión dos valores da igualdade entre mulleres e homes, así como á loita contra a violencia de xénero”.

Xornalistas Galegas felicita ás Mulleres na Opinión por este traballo que pretende abrir un debate en toda a sociedade e extende os seus parabéns ao resto das premiadas, ás xornalistas Sara Vila Alonso e Montserrat Dopico González, e a Uxía Castro, Lucía Parrilla del Río e Silvia López que foron galardoadas na categoría para o alumnado universitario.

As Mulleres na Opinión é unha equipa de profesionais galegas do eido da comunicación que estivo coordinada polas xornalistas Cláudia Morán, Susana Rois e Ana González Liste. Este grupo forma parte da asociación Xornalistas Galegas, que naceu da forza da primeira folga de mulleres nun 8 de marzo e que loita por un xornalismo con perspectiva feminista.

#MulleresQueNonOpinan

Quizá te interese:

Ofertas de Empleo

Ofertas de Empleo

Actualización diaria de ofertas de empleo, becas, concursos, premios.

En Portada

Síguenos en Twitter

Quiénes Somos
Tu agua, derecho humano básico. EMASESA.
bloque-newsletter

Suscríbete a nuestra Newsletter

Recibe en tu correo electrónico las noticias destacadas

Menú