-
O espazo do showman galego Roberto Vilar arrasa cada xoves en audiencia
-
O humorista confesa que «levamos anos detrás» do fundador de Inditex
O pasado xoves, pola volta de «Land Rober», o show televisivo do humorista galego Roberto Vilar na Televisión de Galicia (TVG) acadou unha extraordinaria cota do 27,4%. E iso que un dos seus protagonistas, o actor galego Luis Tosar, compartía pantalla en «El Hormiguero» de Pablo Motos (Antena 3). Pero a Roberto Vilar non hai que lle tusa en Galicia.
O primeiro programa da tempada seguiu o éxito co que rematara antes do verán, cando Vilar entrevistou ao cantante de pai galego, Julio Iglesias. Entón «Land Rober» acadou o seu récord histórico cun 33,8%. Pero quen se lle resiste dende hai anos é o fundador de Inditex, Amancio Ortega, segundo a confesión do propio Roberto Vilar en El Correo Gallego.
De feito, para promocionar o novo curso, «Land Rober» difundiu unha serie de catro vídeos nos que Roberto Vilar semella falar cun dous empresarios máis ricos do mundo, un home que nunca concedeu unha entrevista, e nos que o showman galego trata de explicarlle que non pode participar no programa. O serial titúlase «Amancio Ortega quere vir a Land Rober».