A Televisión de Galicia inicia con grande éxito as emisións a través de Facebook Live

  • Os perfís da rede social da CRTVG e a TVG rexistraron nas tres primeiras retransmisións máis de 62.400 visualizacións e preto de 200.000 persoas acadadas
  • O espectáculo pirotécnico dos fogos do Apóstolo foi a publicación máis seguida, xerando máis de 550 comentarios, realizados desde diferentes partes do mundo

Os perfís de Facebook da CRTVG e da Televisión de Galicia rexistraron, nas tres primeiras retransmisións realizadas a través de Facebook Live, 62.400 visualizacións e preto de 200.000 persoas acadadas. Estes datos reflicten o apoio por parte da audiencia, que consome o contido da canle pública non só a través da televisión, senón tamén desde as diferentes plataformas dixitais polas que a CRTVG está a apostar.
A emisión do triangular de fútbol do trofeo Isidro Silveira foi a primeira publicación realizada desde Facebook Live e foi vista por máis de 15.800 espectadores, acadando un total de 47.500 persoas. A seguinte retransmisión, as Medallas de Galicia, conseguiu case 7.000 visualizacións e preto de 23.000 persoas acadadas.
A última emisión, e a máis seguida, tivo lugar a noite do pasado luns 24, cos Fogos do Apóstolo, que rexistrou 7.500 reaccións e 550 comentarios e foi compartida máis de 1.100 veces. O espectáculo pirotécnico foi visto por 39.600 espectadores e chegou a máis de 128.400 persoas.
En canto á audiencia da web durante os días 24 e 25 de xullo, crtvg.gal conseguiu 85.285 sesións, 65.335 usuarios e 235.267 páxinas vistas. Isto supón un incremento con respecto a 2016 dun 56%, 75% e 27%, respectivamente.

Comparte esta noticia en redes sociales:
Quizá te interese:
Ofertas de Empleo

Ofertas de Empleo

Actualización diaria de ofertas de empleo, becas, concursos, premios.