- A televisión pública galega consigue pechar o mes de xaneiro cun 11,2% de cota media de audiencia, un 6,7% máis que no mesmo mes do ano pasado
- Os informativos da TVG obteñen máis de 1.5M de espectadores e continúan a ser a programación máis vista no ámbito televisivo de Galicia
No que ten que ver coas canles autonómicas españolas, a TVG segue sendo a raiña e un dos principales motores de FORTA. A televisión pública galega (TVG) non para de mellorar os seus rexistros de audienciames mes tras mes, conseguindo superar en xaneiro o resto de socias de este grupo en 2,3 puntos. Se nos fixamos no prime time da TVG, a canle galega supera a media do grupo en 1 punto.
O pasado mes a televisión acadou un 11,2% de cota media de audiencia, superando neste comezo de ano a media de 2022 nun 6,7%. Unha audiencia que supón o mellor dato de xaneiro desde 2014, fai case unha década.
As cifras da TVG tamén son moi fortes na franxa do prime time onde se alcanza unha cota media de audiencia do 10,6%.
Máis de 1.500.000 espectadores respaldan os servizos informativos da TVG
Os servizos informativos da TVG son líderes en programación informativa na comunidade galega. A súa audiencia total é de 1.544.000 espectadores. Ademais, o pasado mes medraron en cota os principais informativos. Na franxa do mediodía, o ‘Galicia Noticias’ subiu un 1,9% e o ‘Telexornal Mediodía’, un 0,8%. Tamén o matinal ‘A Revista’ medrou un 0,6%.
A Televisión de Galicia pecha todos os días da semana por riba do 10% de cota. Por días da semana, salientan as medias superiores á acadada no conxunto do mes nas xornadas do luns (11,3%), martes (11,5%), xoves (12,4%) e venres (11,8%). Tamén en prime time os martes e xoves (cun 10,6%), venres (11,2%) e domingos (11,9%), día no que se estreou neste xaneiro o espazo ‘Veciñ@s’.