A Vaquiña da eléctrica Xenera tamén viaxa en bus

  • A compañía eléctrica 100% galega emprega o bus urbano como soporte publicitario
  • O 15 de xuño rematou a inscrición do sorteo para acadar «1 ano de luz gratis»

Xenera é unha compañía con máis de 120 anos de historia. A firma difunde catro grandes valores: é unha eléctrica 100% galega, xera emprego na comunidade, paga os seus impostos en Galicia e emprega o idioma galego. O seu produto estrela é a tarifa «A Vaquiña»: por 3€/mes de xestión, o usuario obtén a enerxía que precisa a prezo de custe. Como dí o dito, «a vaquiña polo que vale».
A compañía xa alumea a máis de 20.000 clientes e segue coa súa campaña de captación nos máis diversos soportes publicitarios, entre eles o bus urbano. En redes sociais compaxina sorteos, como agasallar cun ano de luz gratis, con consellos de aforro enerxético. Velaquí un exemplo:
«Cos nosos consellos de #aforroenerxético, o único que picará no teu fogar o vindeiro mes, son os pementos».
xuño
 

Comparte esta noticia en redes sociales:
Quizá te interese:
Ofertas de Empleo

Ofertas de Empleo

Actualización diaria de ofertas de empleo, becas, concursos, premios.