"A vida cansa, correr descansa", o lema de Tony Le Brand para Coruña10

  • A imaxe da campaña da maior carreira popular coruñesa é obra da axencia Tony Le Brand
  • O lema destaca os beneficios psicolóxicos do «running» para combater o estrés cotiá

A capital herculina prepárase para a XI edición de Coruña10, a carreira popular de maior traxectoria das organizadas polo Concello da Coruña e que se celebrará o domingo 8 de outubro. Haberá máis de tres mil participantes que percorrerán, desde as 10.00 horas da mañá, 10.000 metros a través do Paseo Marítimo da enseada do Orzán, entre as rotondas do Millennium e Torre de Hércules. A meta, de novo, situarase fronte ao Pazo dos Deportes de Riazor.
A imaxe da campaña é obra da axencia Tony Lebrand, baixo o lema «A vida cansa, correr descansa», na que se destaca a capacidade do deporte, concretamente do «running», para combater o estrés cotiá e mellorar a condición no só física, senón tamén psicolóxica, dos seus practicantes.

Comparte esta noticia en redes sociales:
Quizá te interese:
Ofertas de Empleo

Ofertas de Empleo

Actualización diaria de ofertas de empleo, becas, concursos, premios.