A xornalista María Solar regresa á Radio Galega co programa literario "Chamando á terra"

  • A xornalista e escritora conduce este novo espazo na Radio Galega que se emitirá os sábados de 15:00 a 16:00 h.
  • Solar compatibilizará a súa faceta de presentadora de “A Revista Fin de Semana” na Televisión de Galicia con esta nova aventura radiofónica.

 
A xornalista e escritora María Solar regresa á Radio Galega co programa «Chamando á terra», un espazo sobre o mundo literario galego que, durante unha hora de cada sábado (entre as 15:00 e as 16:00 h.), dará pulo ás historias dos libros, desde os máis recentes ata obras recomendables de calquera época. Nesta nova proposta, haberá tempo para falar cos autores, estarán presentes todos os xéneros literarios, escoitaranse pílulas ou “cachiños” de exemplares e incluirase un apartado especial sobre literatura infantil e xuvenil.
María Solar é xa un nome coñecido en Galicia por ser a presentadora de “A Revista Fin de Semana” na Televisión de Galicia, tarefa que compatibilizará con esta nova aposta radiofónica polo mundo literario.

Comparte esta noticia en redes sociales:
Quizá te interese:
Ofertas de Empleo

Ofertas de Empleo

Actualización diaria de ofertas de empleo, becas, concursos, premios.