-
Este é o segundo ano en que Abanca publica a súa Memoria Corporativa e de Responsabilidade Social
-
O coñecemento, a educación, a cultura e o desenvolvemento social, principais eixos de actuación
A entidade financieira resultante das Caixas galegas publicou a súa Memoria Corporativa e de Responsabilidade Social 2016, documento no que recolle as actividades que desenvolveu no último ano para materializar o seu compromiso coa súa contorna. O banco con sede en Galicia reforzou en 2016 o papel estratéxico da Responsabilidade Social Corporativa (RSC) a través de Abanca Obra Social e de Afundación.
A entidade financeira galega é o único mecenas de Afundación Obra Social ABANCA e sostén as actividades do seu plan estratéxico en educación superior e formación profesional, en envellecemento activo e no desenvolvemento sociocultural a través da educación en valores. Abanca achegou non menos de 5 millóns de euros en cada exercicio desde 2015 e, a partir de 2017 e durante os próximos 25 anos, destinará a Afundación un importe equivalente ao 3% dos seus beneficios netos.
Este é o segundo ano en que ABANCA publica a súa Memoria Corporativa e de Responsabilidade Social. A memoria conta cunha versión PDF navegable que se pode consultar en liña en Memoria Abanca RSC.
Este ano, como novidade, inclúe a contribución fiscal de ABANCA, que supón un total de 2.708,6 millóns de euros en pago de impostos directos e indirectos, contribucións á Seguridade Social e apoio á recadación da Facenda Pública de impostos e taxas que corresponden a terceiros.
O financiamento a empresas e autónomos concedida pola entidade tradúcese no 11,82% do emprego e o 11,13% do PIB de Galicia. Adicionalmente, a súa actividade corporativa supón o 1,43% do emprego e o 1,42% do PIB de Galicia.