A Academia Galega do Audiovisual presenta un novo proxecto para coñecer o uso da intelixencia artificial e o impacto que está a ter no sector audiovisual, transformando o xeito no que se crean, producen e consumen os contidos. Trátase do primeiro Foro da Industria Galega do Audiovisual, que se celebrará do 9 ao 11 de novembro na Centro de Servizos Avanzados da Cidade das TIC na Coruña.
A temática da IA no audiovisual abordarase con profundidade invitando a expertos que xa utilizan esta tecnoloxía nas súas respectivas áreas profesionais, para compartir e pór en común a súa experiencia desde o punto de vista da aplicación profesional directa. Entre os poñentes das distintas xornadas, valorarase os desafíos que supón o uso da intelixencia artificial, por exemplo, na dobraxe, na escritura de guións, na composición musical, no deseño de son ou na creación de contidos. Tamén se ensinarán ferramentas aplicadas ao marketing, a distribución e o estudo de audiencias coas implicacións éticas e xurídicas desta tecnoloxía.