«Empápate co galego» é o lema da Obra Social de Abanca polo Día das Letras Galegas 2017
Afundación conta cun programa propio para difundir a obra de Carlos Casares, o autor homenaxeado
O Días das Letras Galegas convértese cada ano nunha data festiva, o 17 de maio, cun autor homenaxeado, como é o caso neste 2017 de Carlos Casares. Son moitas as empresas e entidades galegas que festexan o día grande da cultura de Galicia. Afundación é unha delas. Velaí o seu programa para pór en valor a lingua e a cultura de Galicia baixo o lema «Empápate co galego». Afundación Letras Galegas
Letras Miúdas. Biblioteca Afundación Santiago de Compostela.
Carlos Casares, o homenaxeado. 18 de abril ao 31 de maio. Exposición bibliográfica para dar a coñecer a obra de Carlos Casares.
Tarde de teatro. 16 de maio. Os nen@s participantes do Obradoiro de teatro interpretan As laranxas máis laranxas de todas as laranxas.
Mes das Letras. Sedes Afundación e Espazos +60
Sedes A Coruña, Ferrol, Lugo, Vigo. Espazos +60 Viveiro, Pontedeume, Monforte, Betanzos e Pontevedra. Contacontos A galiña azul.
Sede Afundación Ourense. 29 de mayo. El Grupo de teatro leído del Espazo +60 Ourense representan As laranxas máis laranxas de todas as laranxas.
16 de mayo. Representación de A galiña azul polo grupo de monicreques do Espazo +60 A Coruña, La Tarara, na E.I. Zalaeta.
Espazo +60 Ferrol. 25 de maio. Actuación do coro do Centro na Residencia Abrente.
Espazo +60 Santiago. 15 a 31 de maio. Proxección, club de lectura e exposición de autores homenaxeados. Obradoiros As letras galegas en Internet e Clases de memoria con actividades especiais sobre as Letras Galegas.
Espazo +60 Ferrol. 15 de maio. Faladoiro sobre Casares.
Ademais, desde Afundación ponse en valor o labor xornalístico de Carlos Casares compartindo unha escolma de textos publicados en La Voz de Galicia, na columna «Á marxe», entre os anos 1992 a 2002.