A Consellería de Política Social abre procedemento para adxudicar un servizo para o desenvolvemento dunha campaña de difusión institucional das políticas sociais da Xunta de Galicia destinadas ás persoas maiores nos anos 2019 e 2020.
O obxecto do presente contrato é definir a estratexia de medios e soportes para desenvolver unha campaña publicitaria a nivel autonómico que difunda as iniciativas que desenvolve a Xunta de Galicia en materia de maiores.
Os servizos a contratar serán, nomeadamente:
- Desenvolvemento dunha estratexia, investigación e planificación de medios publicitarios para a citada campaña publicitaria.
- Adquisición de espazos publicitarios en todos os medios/soportes que se determinen.
- Execución, xustificación e avaliación da campaña de medios durante a vixencia do contrato.
As necesidades que queren satisfacer son:
- Mellorar a imaxe social das persoas maiores promovendo a superación dos estereotipos sociais negativos vinculados ao envellecemento e fomentando a difusión e proxección dos valores positivos asociados a esta etapa da vida.
- Proxectar unha imaxe normalizada e revalorizada das persoas maiores como transmisoras de coñecementos útiles para o avance social da nosa comunidade.
- Promover e valorizar a participación activa das persoas maiores nos distintos ámbitos da sociedade, aportando os seus coñecementos e experiencias, en especial no ámbito socioeconómico e profesional.
- Promover o envellecemento activo das persoas maiores mediante a saúde e a participación proactiva na sociedade civil mediante toda clase de actividades (culturais, educativas, de voluntariado, de ocio e tempo libre,…)
- Dar a coñecer e informar ás persoas maiores sobre o catálogo de programas, servizos, recursos e prestacións que a Xunta de Galicia ten para atender as súas diversas necesidades e demandas.
- Difundir a información relativa ós programas, servizos, recursos e prestacións que a Xunta de Galicia ten, de maneira singular para as persoas maiores en situación de dependencia e/ou con discapacidade.
Orzamento base de licitación: 1.000.000,01 con IVE.
Data e hora límite para presentación no rexistro: 27/06/2019 ás 14:00 h.
Máis información aquí.