Canal Uno + Xunta de Galicia = Campaña Letras Galegas 2019

  • Para a realización gráfica partiuse dunha ilustración de Antonio Fraguas, autor a quen está dedicado este ano o Día das Letras Galegas 2019, realizada pola artista galega María Eiras
  • A peza audiovisual esta resolta cun amplo picado de imaxes combinadas cunha invitación en textos sobreimpresionados a gozar do día como se merece

A Xunta de Galicia volveu a confiar na axencia viguesa de comunicación e publicidade Canal Uno para desenvolver a campaña das Letras  Galegas 2019. Mantendo o mesmo concepto creativo  Hoxe e ou día D iniciado nas últimas campañas de “Datas Relevantes”, Día Internacional da Muller e Día  do Libro, articúlase o discurso da campaña do Día das Letras  Galegas 2019 co engadido de ter moi presente ao autor a quen está dedicado este ano, Antonio Fraguas.

“Para a realización gráfica partiuse dunha ilustración do propio Antonio Fraguas realizada pola artista galega María Eiras. Dita ilustración combinouse con elementos referenciais do folclore e a natureza galega creando unha colaxe que reflicte a paixón que o autor dedicou nos seus escritos á cultura galega” explican desde a axencia.

Entre os elementos que articulan esta colaxe destacan unha reprodución dos textos do cancioneiro de Cotobade, e xunto a el unha parella de baile galego e unha pandeireta que reforzan esa idea de conexión co folclore e o cancioneiro popular galego. Ademais, aplicáronse unhas liñas curvas que simbolizan o gran traballo demográfico realizado polo autor, que durante varios anos foi director do Museo  do  Pobo  Galego. Tamén se acompañan elementos da fauna e flora autóctona de Galicia, que reflicten ese imaxinario de natureza presente nas coplas que se cantaban nas  ruadas de Cotobade.

A peza audiovisual esta resolta cunha edición moi dinámica, un amplo picado de imaxes combinadas cunha invitación en textos sobreimpresionados a gozar do día como se merece: O 17 de Maio e o día D ler, escoitar, falar, lembrar, gozar… O día 17 é o día de sentir o futuro da nosa lingua.

Realizáronse versións do anuncio de 20” e 30”, onde a lectura, a cultura e a tradición popular galega mantéñense nun papel protagonista. Como peche faise unha chiscadela ao homenaxeado incorporando un plano  nadir da escaleira  helicoidal de Santo Domingo de Bonaval, sede do Museo  do  Pobo  Galego, onde Antonio Fraguas  encumbró o seu gran labor de estudo, promoción e difusión do patrimonio histórico-antropolóxico de Galicia.

Comparte esta noticia en redes sociales:
Quizá te interese:
Ofertas de Empleo

Ofertas de Empleo

Actualización diaria de ofertas de empleo, becas, concursos, premios.