Casa Grande de Xanceda Canhelado

«Canhelado», o xeado ecolóxico e solidario para cans de Casa Grande de Xanceda

A Granxa ecolóxica máis famosa de Galicia, Casa Grande de Xanceda, ven de lanzar Canhelado. Unha campaña solidaria para apoiar ás protectoras de animais e loitar contra o abandono.

Trátase dun xeado ecolóxico para cans elaborado con iogur e leite sen lactosa avalado por nutricionistas caninos. As vendas deste produto de edición limitada, doaranse íntegramente á protectora Aloia, en Tui, e á asociación Bichosraros.org. Dentro desta acción, Casa Grande de Xanceda xa está a planificar para agosto un DogDay. Unha visita especial onde as persoas con cans poderán acudir con eles de visita á granxa.

malibu

Cans que axudan a cans

A protagonista do Canhelado é Malibú, a cadela de Casa Grande de Xanceda que foi rescatada do abandono. Hoxe en día é profesora e percorre os colexios de toda Galicia co programa educativo EduCANdo con Malibú. O obxectivo é concienciar aos nenos na tenencia responsable de animais e fomentar a adopción en vez da compra. Dentro deste programa, Casa Grande de Xanceda, desenvolveu máis campañas como Adóptame, Iogures pola Adopción, Nadal con Malibú ou Lambetazos contra o Abandono. O obxectivo é sempre visibilizar e mellorar a situación dos peludos abandonados e o enorme traballo de refuxios e protectoras.

O compromiso co benestar animal

España figura todos os años nos primeiros postos de abandono de animais na Unión Europea. En 2021 abandonáronse aproximadamente uns 285.000 gatos e cans, segundo datos da Fundación Affinity. O benestar animal, xunto co compromiso medioambiental e a defensa do rural, son os pilares do compromiso social de Casa Grande de Xanceda. Por iso, ano tras ano, a granxa desenvolve este tipo de campañas de RSC.  

Comparte esta noticia en redes sociales:
Quizá te interese:
Ofertas de Empleo

Ofertas de Empleo

Actualización diaria de ofertas de empleo, becas, concursos, premios.

En Portada

Síguenos en Twitter

bloque-newsletter

Suscríbete a nuestra Newsletter

Recibe en tu correo electrónico las noticias destacadas de Aragón

Quiénes Somos