chichi-campos-homenaxe-dia-ilustracion-2024-galicia

Galicia celebra máis iniciativas polo Día da Ilustración homenaxeando a Chichi Campos

  • Haberá mostras, documentais, obradoiros e coloquios por toda Galicia sobre deseño, ilustración ou redes sociais e en homenaxe ao autor galego ‘Chichi’ Campos

O mesmo día que naceu Castelao, Galicia celebra o seu Día da Ilustración con iniciativas nas Escolas de Arte Superior e Deseño en homenaxe a Xesús Campos Álvarez, ‘Chichi’. A obra do debuxante, guionista, columnistas e humorista estará presente nos actos que se repartirán por toda a rexión con motivo desta celebración artística do talento galego.

Estas xornadas están organizadas pola Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades e a Asociación Galega de Profesionais da Ilustración. O cartaz conmemorativo está este ano deseñado pola artista Rebeca Varela, coñedia como Perdivel.

Obradoiros por toda Galicia

A xornada celebrarase en múltiples escolas de artes e deseño espalladas por toda Galicia. Deste xeito, haberá talleres e obradoiros sobre temáticas editorias, de deseño, de redes sociais ou de ilustración. En Lugo e Ourense será nesta día 30 de xaneiro. Na cidade das murallas será co taller ‘Autoedición e autoxestión da túa obra’ con Bernal Prieto na EASD Ramón Falcón. Mentres, na cidade das Burgas a actividade será sobre ilustración e animación para redes sociais. Estará impartida por Carmen Pintos no EASD Antonio Faílde. Posteriormente haberá un coloquio de Nico Campos titulado ‘Chichi Campos e a importancia da autoedición durante o franquismo’. Na Coruña, será na EASD Pablo Picasso co obradoiro ‘O libro obxecto: cando todo conta’, a cargo de Nuria Díaz o vindeiro 1 de febreiro.

Outro dos marcos nos que se celebrará a calidade do deseño e a ilustración galega será na Cidade da Cultura de Santiago de Compostela. Este espazo acollerá a mostra bibliográfica ‘Xesús Chichi Campos: o humor de trazo elegante’. Estará presente na Biblioteca de Galicia ata o 12 de maio. Nel participan artistas como Leandro Barea, Iván Mourente ou Idoia de Luxán.

Pontevedra, A Coruña e Vigo acollerán a proxección do documental ‘Chichi Campos e mais eu’ realizado polo seu fillo, Nico Campos. O 30 será ás 18h nas bibliotecas da Xunta en Pontevedra e A Coruña e na Juan Compañel de Vigo; mentres que o 2 de febreiro a proxección trasládase á mesma Biblioteca de Galicia ás 19h.

Máis actividades nas principais cidades

As bibliotecas pasarán logo a ser epicentro das celebracións entorno á ilustración galega e a homenaxe a Campos. En Vigo, a Biblioteca Juan Compañel organiza o contacontos ‘Ilustrar sen dono’ este 30 de xaneiro ás 18.30h. O sábado ás 12.30h será o momento da banda deseñada cun obradoiro para público infantil e tamén estarán presentes as exposicións ‘Chichi Campos: elegante can sen dono’ e ‘Novas ilustradoras galegas’.

Na Coruña, a Biblioteca Pública Miguel González Garcés ten programada unha mostra bibliográfica sobre o autor homenaxeado neste 2024. Estará dispoñible dende o mércores 31 de xaneiro ata o martes de Entroido, 13 de febreiro. Mentres, Ourense e a súa Biblioteca Pública Nós disporá dun espazo como centro de interese para coñecer a figura do ilustrador homenaxeado ata o 15 de febreiro. Tamén se exporá a mostra de libros ‘Ilústrate’.

Comparte esta noticia en redes sociales:
Quizá te interese:
Ofertas de Empleo

Ofertas de Empleo

Actualización diaria de ofertas de empleo, becas, concursos, premios.

En Portada

Síguenos en Twitter

bloque-newsletter

Suscríbete a nuestra Newsletter

Recibe en tu correo electrónico las noticias destacadas de Aragón

Quiénes Somos