O Centro Interdisciplinar de Química e Bioloxía (CICA) da Universidade da Coruña (UDC) precisa incorporar un técnico/a de comunicación e divulgación científica en A Coruña.
Imprescindible:
- Licenciatura ou grao, preferiblemente en titulacións de ciencias da saúde/científicas/técnicas ou en ciencias da comunicación/xornalismo ou equivalente.
- Valorarase a formación en investigación e a súa participación en proxectos de investigación.
- Valorarase a formación de posgrao/máster en comunicación ou divulgación científica así como a formaciónnon regulada neste ámbito.
- Experiencia en comunicación (notas de prensa, redes sociais, páxinas web), preferiblemente no campocientífico e da comunicación institucional.
- Experiencia en divulgación científica: participación e desenvolvemento de proxectos de divulgacióncientífica, impartición de conferencias, participación e xestión de eventos de divulgación.
- Experiencia na organización de eventos científicos: seminarios, conferencias, webseminars, charlascientíficas…
- Nivel medio de inglés, equivalente a B2 ou superior.
Funcións:
- Xestión e coordinación de eventos de divulgación científica (cursos de comunicación/divulgación científica para o persoal investigador, visitas escolares, portas abertas, feiras, conferencias…).
- Realización e implantación do plan de comunicación e outros documentos necesarios para a convocatoria de centro de investigación SUG.
- Solicitude, xestión e desenvolvemento de proxectos de divulgación científica como poden ser os da FECYT.
- Visibilizar desde o punto de vista científico os resultados de investigación dos grupos do CICA.
- Elaborar notas de prensa sobre os proxectos dos grupos de investigación e do propio CICA, así como realizaro boletín mensual de noticias en coordinación coa Rede de Centros e a Oficina de Comunicación da UDC.
- Manter e actualizar o material promocional do CICA.
- Xestión da páxina web e mantemento das publicacións en redes sociais así como informes da súa actividadede forma mensual e anual.
- Monitorización das publicacións do CICA e cálculo dos indicadores de calidade das mesmas, trasladando ainformación a unha base de datos.
- Apoio para a organización de seminarios, conferencias, simposios, happy hours… tanto na modalidade presencial como online.
Data límite de presentación de solicitudes o vindeiro 29 de setembro. Máis información sobre esta oferta de emprego en Comunicación na Sede Electrónica da UDC.