concurso-campaña-violencia-xenero-galicia

A Secretaría Xeral de Igualdade lanza concurso de campañas contra a violencia de xénero nos vindeiros anos

A Secretaría Xeral de Igualdade abre licitación do contrato de servizo de desenvolvemento dunha campaña publicitaria en materia de prevención e loita contra a violencia de xénero nos anos 2024 e 2025. A adxudicación está baseada en multicriterios e anticipado de gasto. A licitación farase polo procedemento aberto, suxeito a regulación harmonizada.

O obxectivo da campaña é definir a estratexia de medios e soportes para desenvolver unha campaña publicitaria a nivel autonómico, para os anos 2024 e 2025. A finalidade da campaña será concienciar a toda a sociedade sobre a necesidade de previr e loitar contra a violencia de xénero. Tamén o rexeitamento ao maltratador e a consideración das vítimas, tendo en conta que esta violencia constitúe a expresión máis extrema da desigualdade entre mulleres e homes.

O orzamento base de licitación é de 1 millón de euros. O prazo de admisión remata o día 15 de febreiro de 2024 ás 14:00. Máis información sobre este concurso público na web de Contratos Públicos de Galicia.

Comparte esta noticia en redes sociales:
Quizá te interese:
Ofertas de Empleo

Ofertas de Empleo

Actualización diaria de ofertas de empleo, becas, concursos, premios.

En Portada

Síguenos en Twitter

bloque-newsletter

Suscríbete a nuestra Newsletter

Recibe en tu correo electrónico las noticias destacadas de Aragón

Quiénes Somos