concurso-exteriores-publicidade-institucional-xunta-galicia

A Secretaría Xeral de Medios abre concurso para contratar exteriores para comunicación institucional da Xunta

A Secretaría Xeral de Medios abre concurso público para licitar o alugueiro de espazos de medios exteriores para desenvolver accións de comunicación institucional da Xunta de Galicia.

A través deste contrato búscase dispor de valos, un autobús urbano en Santiago de Compostela e pantallas dixitais nas que se insiran mensaxes ou contidos de carácter institucional e de interese público derivados da actividade da Xunta de Galicia. Os servizos incluídos no presente contrato son os seguintes:

  • Aluguer, para exhibición, de espazos publicitarios en valos, nun autobús urbano en Santiago de Compostela e pantallas dixitais.
  • Produción, distribución e fixación do material gráfico.

Cun importe total de 449.999,87 euros, o prazo de execución será para os vindeiros 12 meses. O prazo de presentación de ofertas remata o 11 de marzo de 2024 ás 14:00 horas. Máis información sobre o procedemento na web do portal de Contratos Públicos de Galicia.

Comparte esta noticia en redes sociales:
Quizá te interese:
Ofertas de Empleo

Ofertas de Empleo

Actualización diaria de ofertas de empleo, becas, concursos, premios.

En Portada

Síguenos en Twitter

bloque-newsletter

Suscríbete a nuestra Newsletter

Recibe en tu correo electrónico las noticias destacadas de Aragón

Quiénes Somos