conecta-programa-audiovisual-2024-galicia

Máis de 20 creadores nacionais e de Portugal cítanse este sábado no Conecta +

  • A xornada terá lugar na Sede da Deputación en Vigo cunha ducia de produtoras audiovisuais de España e Portugal
  • Os creadores participantes foron seleccionados pola Asociación CREA e a AGAG entre máis de 80 inscritos

A sede viguesa da Deputación de Pontevedra acolle este sábado 20 de xaneiro o programa Conecta + con presenza de máis de 20 creadores de distintas partes de España e o norte de Portugal. Foron seleccionados por profesionais de CREA e AGAG entre as máis de 80 candidaturas inscritas. En total, haberá tamén unha ducia de produtoras audiovisuais de ambos países.

A primeira hora da mañá Marta Fernández-Tapias, vicepresidenta primera do ente provincial, será a encargada de abrir a xornada xunto ao presidente da asociación CREA, Fon Cortizo.

Entre as 10:00 e as 12:30 horas deste sábado todos terán a oportunidade de presentar as súas creacións a algunhas das produtoras máis activas do panorama español entre as que se atopan RTVE Cine, A Contracorriente, Sentido Films, Sétima, Frida Films, Ollo Vivo, Portocabo, La Región, Miramemira ou Gaita Films. Recibirán deste xeito orientacións para fortalecer os seus proxectos ou desenvolvelos así como asesoramento sobre a súa viabilidade económica. Ademais, e por vez primeira na historia de Conecta+, as persoas seleccionadas para participar na xornada tamén poderán presentar as súas ideas a empresas do norte de Portugal como FilmesDaMente, Pixbee ou O Olhar de Ulisses

Comparte esta noticia en redes sociales:
Quizá te interese:
Ofertas de Empleo

Ofertas de Empleo

Actualización diaria de ofertas de empleo, becas, concursos, premios.

En Portada

Síguenos en Twitter

bloque-newsletter

Suscríbete a nuestra Newsletter

Recibe en tu correo electrónico las noticias destacadas de Aragón

Quiénes Somos