congreso-medios-iguldade-ia-galicia

Santiago acolle o V Congreso de Medios de Comunicación e Igualdade de Xénero centrado na IA

A Asociación de Periodistas de Galicia organiza hoxe o V Congreso de Medios de Comunicación e Igualdade de Xénero. O foro é en colaboración coa Xunta de Galicia e a Facultade de Ciencias da Comunicación da Universidade de Santiago de Compostela. A temática central será a intelixencia artificial e debatirase se é unha ferramenta para a igualdade nos contidos.

O foro terá lugar no auditorio da facultade compostelá e contará coas intervencións de relatoras expertas e especializadas na IA: Idoia Salazar, presidenta e fundadora do Observatorio del Impacto Social y Ético de la Inteligencia Artificial OdiseIA; Miren Gutiérrez, investigadora de ARES, Universidad de Deusto; Violeta Molina, correspondente de xénero da Agencia EFE; Raquel Holgado, redactora de tecnoloxía do xornal 20 Minutos; ou Carolina González, redactora de Computer Hoy.

Canda elas, Gabriela Bouret e Natalia Louzau, xefa de Análise e Dato e xornalista respectivamente, falarán sobre o caso do uso da IA no xornal arxentino La Nación. Tamén estarán presentes Raúl Romar, responsable de Ciencia de La Voz de Galicia e Rosa Vilas, adxunta ao director xeral da CRTVG.

Será con entrada libre e estará presentado e moderado por profesores e alumnado de Xornalismo da USC. O evento clausurarase ás 14h coas intervencións da decana da facultade, Ana Isabel Rodríguez, xunto á presidenta da APG, María Méndez.

congreso-medios-iguldade-ia-galicia
Comparte esta noticia en redes sociales:
Quizá te interese:
Ofertas de Empleo

Ofertas de Empleo

Actualización diaria de ofertas de empleo, becas, concursos, premios.

En Portada

Síguenos en Twitter

bloque-newsletter

Suscríbete a nuestra Newsletter

Recibe en tu correo electrónico las noticias destacadas de Aragón

Quiénes Somos