-
Pretenden pór en valor a calidade do traballo de publicidade e marketing en Galicia
-
Están convocados polo Clúster da Comunicación Gráfica de Galicia
Coa idea de pór en valor a calidade do traballo que se fai en Galicia nos eidos da publicidade, do deseño, da edición, da impresión, do marketing e da comunicación nas empresas e institucións galegas, o Clúster da Comunicación Gráfica de Galicia ven de convocar a segunda edición dos Premios da Comunicación e do Marketing de Galicia, que conta co patrocinio de Avante Medios, entre outras empresas e institucións.
Os premios contemplan as seguintes categorías:
- Creatividade
Creatividade gráfica, creatividade audiovisual, creatividade no uso dos medios - Deseño
Mellor deseño gráfico, mellor deseño industrial, mellor deseño dixital e interactivo - Industria Gráfica e Edición
Mellor libro de arte, mellor catálogo publicitario, mellor álbum ou libro infantil - Comunicación
Mellor estratexia de comunicación externa, mellor estratexia de comunicación interna, mellor práctica na comunicación da RSE - Marketing
Mellor estratexia/acción de branding, mellor acción relación/escoita ao cliente, mellor estratexia/acción de produto - Premio especial
Idea integrada ou crossmedia
As inscripcións das candidaturas pode facerse dende a web http://premios.clustercomunicacion.gal/