A Universidade de Santiago de Compostela (USC) precisa contratar traballos audiovisuais para a exposición permamente A Domus do Mitreo na Casa do Saber, na sede da Vicerreitoría de Coordinación do Campus de Lugo. O prazo para a presentación remata este martes 25 de abril.
A exposición permanente da Domus do Mitreo pretende dar continuidade á excavación arqueolóxica e ao museo sito na parte baixa da Casa do Saber. As obras de rehabilitación e acondicionamento que se proxectaron no edificio Pazo de Montenegro deron lugar á formulación dunha investigación arqueolóxica.
Os resultados foron encamiñados no seu momento a unha dobre finalidade: unha primeira e ineludible destinada á conservación e protección dos restos exhumados, e outra cuxo obxectivo final é a musealización de devanditos restos. A conservación xa está realizada e precisamente o contrato que se propón ten como obxectivo tratar de completar eses obxectivos anteriormente mencionados.