cpxg-25n-editoras-xenero-galicia

O Colexio de Xornalistas reclama editoras de xénero nos medios galegos

Con motivo do 25 de novembro, Día Internacional pola Eliminación da Violencia de Xénero, a Xunta de Goberno do Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia lanza un comunicado reivindicando «o necesario papel das editoras de xénero». Explican que esta figura é «garante do compromiso coa loita contra a violencia machista nos contidos e contra a existencia de agresións e abusos de poder contra as propias xornalistas dentro das redaccións».

É indispensable continuar a dar pasos para que o xornalismo siga o ritmo dunha sociedade que avance no rexeitamento a todas as violencias sexistas. Por esa razón, xa hai tempo que o Colexio de Xornalistas reclama a necesidade de crear, nos medios de comunicación, «unha figura que vele polo correcto tratamento das cuestións relacionadas co xénero». Coñecida habitualmente co nome de editora de xénero, explican, é cada vez máis habitual en medios de todo o mundo, logo de que The New York Times fose pioneiro.

Comparte esta noticia en redes sociales:
Quizá te interese:
Ofertas de Empleo

Ofertas de Empleo

Actualización diaria de ofertas de empleo, becas, concursos, premios.

En Portada

Síguenos en Twitter

bloque-newsletter

Suscríbete a nuestra Newsletter

Recibe en tu correo electrónico las noticias destacadas de Aragón

Quiénes Somos