cpxg-formacions-xornalismo-galicia

O CPXG presenta formacións gratuitas para a promoción laboral dos comunicadores

  • A formación online busca a mellora da empregabilidade dos e das xornalistas galegas e está subvencionada pola Deputación da Coruña
  • Terá cinco módulos con temas como o autoemprego, as fontes de datos, ciberseguridade, ferramentas de comunicación e igualdade de xénero

O Colexio de Xornalistas de Galicia pon en marcha unha nova iniciativa de formación para mellorar o emprego dos seus colexiados, comunicadores e comunicadoras galegas interesadas en ampliar os seus coñecementos. Explican dende esta asociación que a formación vén dada para axudar a combater a crise da precaridade laboral que sofren os xornalistas. Unha crise qu se amplificou coa pandemia da COVID-19.

Trátase dun programa subvencionado pola Deputación da Coruña e que será de balde. As temáticas serán cinco, impartidas de xeito independente. Versarán sobre autoemprego, fontes de datos, ciberseguridade, ferramentas de comunicación e igualdade de xénero.

A actividade quere «dar resposta a esa busca de solucións laborais e dar opcións ás e aos xornalistas que se atopan en busca de emprego ou na procura dunha mellora laboral», explican dende o CPXG das formacións. Será enteiramente online e adaptado aos novos tempos e ás demandas da sociedade, que busca no eido xornalístico saídas profesionais que antes non contemplaba.

Módulos e información sobre inscricións

O primeiro módulo será impartido por Pablo Santiago Martínez, xornalista. Versará sobre o autoemprego e estará presentado por Ángela Fernández Casal, membro da Xunta de Goberno do CPXG. O segundo será sobre fontes de datos a cargo de David Lombao, xornalista e director de Praza. Estará presentado por Belén Regueira, vicedecana 2ª do CPXG.

Sobre ciberseguridade falará Fernando Suárez Lorenzo, presidente do Colexio Profesional de Enxeñaría e Informática de Galicia. Presentando o módulo estará Valeria Pereiras, tamén da Xunta do CPXG. O cuarto módulo explicará ferramentas de comunicación con Beatriz Losada Bobillo, especialista en márketing en redes sociais e presentada por Eliana Martíns. Xa a última formación será sobre a promoción da igualdade de xénero no xornalismo, impartida por María Isabel Menéndez, catedrática de Comunicación Audiovisual da Universidade de Burgos. Presentando, Belén Regueira Leal, vicedecana 2ª do CPXG.

O acceso ás formacións do CPXG será gratuito a través da plataforma de formación. As colexiadas deberán acceder introducindo o seu usuario e contrasinal da intranet. O resto de interesados poden inscribirse de balde e solicitar acceso aos webinars no correo xornalistas@xornalistas.gal.  Máis información aquí.

Comparte esta noticia en redes sociales:
Quizá te interese:
Ofertas de Empleo

Ofertas de Empleo

Actualización diaria de ofertas de empleo, becas, concursos, premios.

En Portada

Síguenos en Twitter

bloque-newsletter

Suscríbete a nuestra Newsletter

Recibe en tu correo electrónico las noticias destacadas de Aragón

Quiénes Somos