cpxg-liberdade-prensa-israel-palestina-galicia

O CPXG pide respectar a liberdade de prensa no conflicto de Israel e Palestina

O Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia demanda nun comunicado a necesidade de «cesar, dunha vez por todas, os ataques á liberdade de prensa que se están a dar no seo do conflicto entre Israel e Palestina». Explican que as agresións van dende o bloqueo total de información na franxa de Gaza e son unha agresión aos dereitos de toda a poboacións e «moi especialmente dos afectados e afectadas, o que redunda nun aumento dos enfrontamentos que provocarán máis dor e vítimas», continúan.

Deste xeito, avisan os xornalistas galegos que o conflicto vai camiño de se converter «nun dos máis devastadores para a profesión xornalística das últimas décadas». Engaden datos do Commitee to Protect Journalists que avalan esta afirmación. Segundo estas cifras, xa son 23 os xornalistas mortos: dezanova o número de profesionais de orixe palestino, tres de orixe israelí e un libanés. Tildan este reconto de «macabro» e din que aumenta cada día que pasa de conflicto na franxa.

Como comparación, desde o comezo dos enfrontamentos entre Rusia e Ucraína no 2014, foron 17 os comunicadores mortos no conflito. Os mortos, din no CPXG, «son só a punta do iceberg dun contexto marcado cada vez máis polos ataques á liberdade de información». Engaden así que a nova lexislación en Israel permite o peche de medios e a incautación dos seus equipos. Tamén que se dan casos de detención de xornalistas, retiradas de credenciais, trabas a informar, numerosos ciberataques contra medios de comunicación ou as agresións físicas. Engaden que, mentres tanto, «a desinformación continúa a abrirse paso en redes e medios controlados». Chaman así a empregar o «bo xornalismo» para o entendemento dos pobos e o respecto aos dereitos humanos.

Comparte esta noticia en redes sociales:
Quizá te interese:
Banner-extradigital-noviembre-300x600-3
Ofertas de Empleo

Ofertas de Empleo

Actualización diaria de ofertas de empleo, becas, concursos, premios.

En Portada

Síguenos en Twitter

bloque-newsletter

Suscríbete a nuestra Newsletter

Recibe en tu correo electrónico las noticias destacadas de Aragón

Quiénes Somos