cpxg-recoñecemento-charlas-galicia

O CPXG recibe un recoñecemento polo programa de charlas ‘Aprendamos a ler a información’

A iniciativa ‘Aprendamos a ler a información’, un programa de charlas do Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia (CPXG) co patrocinio da Fundación la Caixa recibiu o pasado venres 22 de setembro un recoñecemento do Centro Penitenciario Pereiro de Aguiar. Neste proxecto, escritores e xornalistas galegos achegaron ás internas do módulo de mulleres conceptos básicos sobre o papel da información e os medios de comunicación co obxectivo de axudar á súa reinserción.

A entrega da meción deste centro realizouse no marco das celebracións do día da Mercé, patroa das institucións penitenciarias. O premio foi entregado por Eva Regueiro, fiscal xefa de Ourense, a Javier Fraiz, xornalista ourensán participante nesta iniciativa. Ademais de Fraiz, tamén participaron Manuel de Lorenzo, Ana Cermeño, Fernanda Tabarés, Manuel Vázquez Sola, María Pardo, Sechu Pastoriza, Monchi Sánchez e Francisco X. González Sarria. Todos eles abordaron perspectivas de xénero e contidos xornalísticos, ofrecendo ás reclusas de Pereiro de Aguiar unha formación no eido da comunicación, destacando a temática das fake news, as diferenzas entre xornalismo e literatura, as maneiras de abordar e evitar o sensacionalismo, a búsqueda de fontes de información ou os pormenores do xornalismo xudicial ou de sucesos.

Comparte esta noticia en redes sociales:
Quizá te interese:
Banner-extradigital-noviembre-300x600-3
Ofertas de Empleo

Ofertas de Empleo

Actualización diaria de ofertas de empleo, becas, concursos, premios.

En Portada

Síguenos en Twitter

bloque-newsletter

Suscríbete a nuestra Newsletter

Recibe en tu correo electrónico las noticias destacadas de Aragón

Quiénes Somos